Saturday 04 de May de 2024

O Concello das Somozas convoca unha liña de axudas para material escolar e desprazamentos


• A documentación necesaria para solicitar estas axudas pode descargarse na sede electrónica ou solicitarse na Casa do Concello

• Os conceptos específicos subvencionables son os libros escolares, libros de lectura, material funxible necesario para a actividade escolar, mochilas, material informático, material deportivo e outros materiais funxibles dependendo da actividade que se realice

• As persoas beneficiarias teñen que estar empadroadas no Concello das Somozas

O Concello das Somozas convoca unha liña de subvencións para axudar ás familias á hora de adquirir material escolar para o curso 2023 – 2024 de educación infantil, primaria e secundaria, FP Básica, Bacharelato, e para gastos de desprazamentos para estudantes de ciclos medio ou superior, e universitarios e para axudar nos desprazamentos escolares.

Os conceptos específicos subvencionables son os libros escolares, libros de lectura, material funxible necesario para a actividade escolar, mochilas, material informático, material deportivo e outros materiais funxibles dependendo da actividade que se realice.

As persoas beneficiarias deberán estar empadroadas no Concello das Somozas (polo menos un pai/nai/titor/a do alumno ou alumna) e non superar os ingresos das da suma das bases impoñibles do IRPF.

As contías concedidas variarán en función da titulación que estean cursando os alumnos ou alumnas.

As bases desta convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña deste luns, 6 de novembro.

A documentación necesaria para solicitar estas axudas pode descargarse na sede electrónica ou solicitarse na Casa do Concello.

Segundo indica o rexedor local, Juan Alonso, “para o noso equipo de goberno a Educación é un tema prioritario, por iso achegamos os recursos que podemos para facilitar o acceso á ensinanza dos nosos nenos e nenas”.